25 de maio de 2011

PONTEVEDRA

A DEPUTACIÓN IMPULSA A III EDICIÓN DO PROGRAMA «ACTÍVATE» QUE COMPLEMENTARÁ O NIVEL FORMATIVO DE 2.200 PERSOAS CON IDADES COMPRENDIDAS ENTRE OS 16 E OS 35 ANOS




A Xunta de Goberno da Deputación adxudicou hoxe á empresa Inicia Formación a terceira edición do Programa «Actívate» que posibilitará que 2.200 persoas de entre 16 e 35 anos poidan complementar a súa formación en diversas materias a través de cursos totalmente gratuítos. A entidade provincial destinará a este plan formativo un orzamento cercano ós 80.000 euros.
Actívate ofrecerá un total de 73 cursos de 30 horas de duración. En cada curso participarán unha media de 30 persoas. O programa está dirixido a municipios de menos de 50.000 habitantes.
Así, no marco desta iniciativa poñeranse en marcha accións formativas en materias como mecánica do automóbil; atención ó público; primeiros auxilios, coidado de persoas maiores; prevención de riscos laborais, informática, galego, inglés; linguaxe de signos; poda e xardinería, caixeira e repoñedora; corte e confección; técnicas de relaxación e educación ou reparacións domésticas: fontaneiro, albanel e carpinteiro, etc..

Compre salientar que o Programa «Actívate» posibilitou a formación de 4.000 mozos nas súas dúas primeiras edicións que sumados ós 2.200 participantes da terceira edición sumará un total de 6.200 mozos.

Con esta acción a Deputación contribúe á formación dos mozos en materias que poidan facilitarlles a inserción no mercado laboral especialmente naquelas disciplinas nas que existe un nicho de mercado emerxente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario