
Ana Anaya / A Coruña
A segunda edición do Museo Urbano de Arte Urbana (MUAU) comeza a coller forza. Tra-lo anuncio do cambio de datas de abril a setembro, o proxecto presenta un tráiler do documental no que se recollen os momentos mais importantes da súa primeira entrega.
Entre eles atómanse algunas imaxes das xornadas nas que se poden ver o gran número de artistas, profesionais e entendidos do arte urbana que estiveron presentes o ano pasado, como Henry Chalfant, Nano 4814 ou Marco Marchioni. Por outra banda, tamén podese ve-la participación da xente a través dos obradoiros e as intervencións de Eltono na rúa Orzán, de MOMO no Obelisco e de Faith47 no Barrio das Flores.
O documental, que se presentará nos vindeiros meses, complétase coa exposición internacional de arte urbana Postgraffitti, Xeografía e abstracción e as actuacións musicais que tiveron lugar na Coruña coa nomenclatura de MUAU 12.0
Na súa primeira entrega, máis de 13.000 persoas participaron nas actividades directas do MUAU e os organizadores decidiron alongar o proxecto de dous a catro meses.
Tráiler
MUAU
Ningún comentario:
Publicar un comentario