O Centro Cultural da Deputación de Ourense acolleu hoxe a estrea e presentación da curtametraxe “Tourettes”, realizada polo alumnado do ciclo superior de Produción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos do centro de formación profesional de A Farixa. A curta foi rodada integramente na cidade de Ourense e está dirixida por Martín Fiállega, quen destacou no acto de presentación “a importante canteira audiovisual que hai en Ourense e a grande riqueza para localizacións que ten a provi ncia”. Tamén dixo o director que as curtametraxes “son produtos que non xeran beneficio, polo cal hai que facelas co ilusión, compromiso e sobre todo contando cun equipo de persoas desinteresadas que teñan en común o seu amor polo audiovisual”.
Pola súa banda, José María García Campo, director de Produción da curta, explicou que “Tourettes” foi rodada en cinco días en Ourense “logo de seguir un longo proceso de pre-produción, guión, busca de financiamento, gravación e finalmente edición e montaxe, fases das que todo o equipo está francamente satisfeito co resultado”. Tamén o director do CIFP A Farixa, Miguel Reza, destacou a importancia que para Ourense ten este ciclo de formación audiovisual, “pois os alumnos que teñan saído da súa prime ira promoción e este ano da segunda, teñen participado xa traballos audiovisuais e rodaxes profesionais, ademais de colaborar con empresas importantes de Galicia no ámbito audiovisual. Desta maneira, consideramos que este ciclo supón unha boa saída profesional para os alumnos”, dixo, e solicitou para Ourense a ampliación destes estudos coa implantación o vindeiro curso dos estudos de Realización.

A curtametraxe “Tourettes” será presentada ao público o vindeiro venres, 21 de xaneiro, no auditorio de Ourense dentro da gala “Imos de curtas”. Trátase dunha curtametraxe que ten como fío argumental o padecemento de dúas persoas que sofren o síndrome de Tourette, caracterizado por movementos repetitivos, estereotipados e involuntarios, así como a emisión de sons vocais chamados tics. Este síndrome condiciona a vida dos protagonistas, pero o enfoque que na curta se fai deste trastorno, cun final inesperado, apórtalle unha importante dose de optimismo á vida, tanto para os que sofren este síndrome como para os que non.
Ningún comentario:
Publicar un comentario