5 de xan. de 2011

OURENSE

QUEIXUMES DOS PINOS VISITAN A DEPUTACIÓN, QUE ESTUDIARÁ UN PLAN DE VIABILIDADE PARA O COLECTIVO

Os integrantes do colectivo Queixumes dos Pinos visitaron o martes a Deputación, acompañados polo seu director, José Antonio Viñas.
Viñas agradeceu diante do Presidente da Deputación, José Luis Baltar, a colaboración recibida por parte da institución provincial e tamén puxo de manifesto o difícil momento económico que pasa o colectivo pola ausencia de outras axudas prometidas en diferentes administracións.
Baltar Pumar comprometeuse a manter a axuda da Deputación e a estudiar un plan de viabilidade para manter a este colectivo, antes de escoitar unha breve representación do seu repertorio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario