As Pousadas do Salnés pechan os tres primeiros días de Turismo Rías Baixas en Fitur, dirixidos a profesionais, con máis de 10.000 visitas recibidas

O Twitter das Pousadas recibe 7.600 visitas no seu primeiro día de funcionamento
Máis de 10.000 profesionais do sector turístico, medios de comunicación xeralistas e prensa especializada visitaron o stand de Turismo Rías Baixas durante os tres primeiros días. O presidente da Deputación, Rafael Louzán, pechou hoxe o período dirixido a profesionais co proxecto social das Pousadas do Salnés, que fomentará o chamado turismo de accesibilidade dirixida ás persoas con discapacidade e con problemas de mobilidade. A partir de mañá, o público xeral poderá coñecer a oferta turística de Rías Baixas.
O proxecto das Pousadas, pioneiro pola oferta que propón no seu conxunto, foi un dos que máis expectación levantou entre as máis de 500 persoas que asistiron a presentación. Tratará de captar un nicho de mercado que move ao ano máis de 3,5 millóns des persoas. O proxecto social inclúe o aloxamento en catro hoteis rurais de catro estrelas como mínimo 100% accesibles, rutas de sendeirismo e recuperación do patrimonio que completan unha oferta novidosa.
Rafael Louzán xa aludiu a este proxecto nos días anteriores como un dos piares sobre os que xirará a estratexia de Turismo Rías Baixas nos vindeiros anos. A expectación que levantou o mencionado proxecto foi tal que nas primeiras 24 horas de apertura da conta en Twiter das Pousadas do Salnés recibíronse 7.600 visitas de 5.120 persoas distintas. Do mesmo xeito, o Facebook das Pousadas púxose hoxe en funcionamento, preparando a incorporación ás novas tecnoloxías e internet da que falou o presidente provincial na súa intervención deste mediodía.
Os establecementos turísticos de primeira calidade estarán situados en Meis, Armenteira, a Lanzada e Meaño. A maiores desenvolveranse 50 kilómetros de rutas de sendeirismo e recuperaranse elementos patrimoniais tales como muíños, lavadeiros, cruceiros ou fontes, entre outros. Tamén se levarán a cabo escavacións arqueolóxicas para completar a oferta cultural. Esta conxunción de natureza, cultura e turismo social é o que fixo que o proxecto contase cunha subvención de fondos europeos. O investimento total da Deputación, contando coas axudas dos Feder ascenden a máis de 10 millóns de euros.
Xeración de emprego e riqueza
Un dos obxectivos que ten o proxecto é a xeración de emprego e riqueza, non só no Salnés senón que tamén no resto de Galicia. Cómpre lembrar que esta comarca foi unha das máis castigadas pola crise e que na última Enquisa de Poboación Activa (EPA) arroxaba uns datos de máis de 12.000 parados. Só na construción dos edificios, acondicionamento dos camiños e escavacións xeraranse máis de 200 postos de traballo.
A maiores, nos establecementos turísticos xerarase unha oferta de emprego especializado, dirixido a aquelas persoas que traballan no eido das persoas con discapacidades, entre os que hai numerosos mozos da provincia, un dos sectores máis castigados pola crise. Ademais, tamén se poderán desenvolver outras iniciativas privadas arredor deste proxecto que tratará de captar un mercado de máis de 3,5 millóns de persoas en España e 50 millóns en Europa.
“As institucións públicas teñen o deber de apostar por prestar servizos universais e accesibles. Este proxecto servirá para crear emprego e fomentar iniciativas empresariais privadas que completen a oferta para os turistas. Estamos realmente convencidos de que o futuro ten que combinar xustiza social, integración e creación de emprego para que todo o mundo teña as mesmas oportunidades de disfrutar de servizos similares”, sinalou Rafael Louzán, quen insistiu na necesidade de potenciar o sector turístico como un dos piares da recuperación económica.
De feito, un dos colectivos que máis se beneficiará laboralmente desta iniciativa é o das persoas con discapacidade, xa que terán prazas de emprego reservadas. “A idea é acadar unha conxunción entre turismo e creación de emprego. Cómpre recordar que a maior parte das persoas con discapacidade que viaxan o fan cos seus familiares, o cal incrementa o número de visitantes e o gasto que se realiza”, explicou Rafael Louzán. De feito, os datos da Comisión Europea indican que 1 de cada 10 persoas da UE poden considerarse como un potencial turista discapacitado.

Ningún comentario:
Publicar un comentario