O BNG denuncia que o Concello da Guarda non terá orzamentos aprobados para o ano 2011
“A ausencia de orzamentos para o ano 2011 é o resultado da falta dun proxecto político e da incompetencia do grupo de goberno do PSOE”

Infogauda / A Guarda
O Bloque Nacionalista Galego denuncia que o Concello da Guarda comezará o ano 2011 sen orzamentos para o seu funcionamento. A día de hoxe, xa ven entrado o mes de decembro, non está convocada a Comisión de Asuntos Económicos que debera emitir un ditame para logo ser aprobados en pleno. Entre a convocatoria da comisión e a convocatoria dun pleno extraordinario para a súa aprobación, o Concello da Guarda comezará o ano 2011 sen orzamentos.
“É un feito significativo do funcionamento do grupo de goberno e a súa incapacidade, dado que durante a presente lexislatura o Sr. Alcalde, X.M. Freitas, e o seu equipo foron incapaces de presentar un orzamento a tempo” sinalou Xan Lois Lomba, portavoz do BNG.
A ausencia de orzamentos é o resultado da falta de proxecto político e da incompetencia do grupo de goberno do PSOE, que con esta situación imposibilita adaptar os orzamentos á realidade existente, tendo que acudir a prórroga dos anteriores, tal e como veñen facendo en toda a lexislatura.
A falta duns orzamentos fai imposíbel incluír novos proxectos e tampouco a adaptación das partidas á realidade existente e afectando ao funcionamento do concello.
Dende o BNG non se entende que o goberno do PSOE, con maioría absoluta, sexa incapaz de presentar uns orzamentos a tempo ao longo destes catros anos, salvo que discrepancias internas ou a incompetencia do Alcalde e o seu grupo de goberno o imposibiliten.

COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA
Anónimo dixo:
Xan tes que darlle máis caña qe non sexa isto para facer a pamplina e logo pactar con eles cando sabes que eres unha mosca colloeira que non te queren se non e de comenencia, dalles caña agora, logo e sempre.
Ningún comentario:
Publicar un comentario