28 de out. de 2010

TOMIÑO

EXPOSICIÓN DE COGOMELOS NO IES DE TOMIÑO



Carlos Villanueva Domínguez / Tomiño

Como en anos anteriores por estas datas, o alumnado do IES de Tomiño preparou unha exposición micolóxica no vestíbulo do centro. Os cogomelos fóron recollidos nos montes dos arredores de Tomiño e os alumnos e alumnas traballaron na súa identificación e preparación para a exposición.
O traballo correu a cargo do alumnado de 3º de PDC e do Ciclo Medio de Traballos Forestais e Conservación do Medio Natural. Este ciclo está orientado á formación de profesionais no sector forestal e o noso alumnado acada un elevado índice de inserción laboral sobre todo en empresas relacionadas coa conservación e defensa dos espazos e masas forestais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario