16 de xul. de 2010

OURENSE

DISTINCIÓN DA ESCOLA DE GAITAS PARA MANUEL FRAGA




Infogauda / Ourense

O sábado, 17 de xullo, ás 16.30 horas, o ex presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga, recibirá “A Chave de Ouro” da Escola de Gaitas da Deputación, en recoñecemento do seu labor de apoio á escola e á Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense.
Debemos lembrar que a concesión do título de “Real” para a banda de gaitas da institución provincial foi posible pola intermediación que no seu día realizou Manuel Fraga.

O acto, que terá lugar na Escola de Gaitas, contará coa presencia do presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario