26 de xul. de 2010

A GUARDA

SEIS CISNES NEGROS ESTÁN PASANDO UNHA ESTADÍA NO ESTEIRO DO MIÑO



Reportaxe fotográfica: María Elena Cividanes Álvarez





Infogauda / A Guarda
Desde fai varios días, temos constancia da presenza no Esteiro do río Miño, neste mes de xullo de 2010, de seis exemplares de cisnes negros (Cygnus atratus).
Segundo os datos consultados por Infogauda, a presenza de cisnes negros neste enclave, xa non é de agora, aínda que probablemente sexa neste verán cando está sendo máis doada súa observación.
Desde os observatorios da Xunqueira de Salcidos e do Forno do Duque, respectivamente, pódense ollar perfectamente esas aves, si ben suxerimos que ás persoas que queiran aprecia-la súa beleza natural, sen interferir no seu desenvolvemento habitual, acudan provistas dos correspondentes binoculares, xa sexan prismáticos ou xemelgos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario