Infogauda / A Guarda
Para seu debate e aprobación se procede, na vindeira sesión do Concello Pleno, o concelleiro portavoz do Grupo Municipal Terra Galega / Iniciativa Veciñal, no concello de A Guarda, Celso Rodríguez Fariñas, ven de presenta-la seguinte moción:
Dende fai moito tempo, este pobo viu reclamando un espacio donde poder poñer en marcha as súas industrias, dado que as condicións da localidade non permitían a facilidade da súa instalación.
Despois de distintos intentos, parecía que íamos ter unha solución que evitaría a fuga de empresas locais hacia outros lugares e mesmo para Portugal, o que conleva a perda de postos de traballo e de inversións, cos séus efectos negativos sobre a economía xeral guardesa.
Dende os concellos de A Guarda e O Rosal, se prestou toda a colaboración a Administración Autonómica para a elaboración do espacio de Chan Industrial, así como tamén en tódala tramitación administrativa e xestión diante os propietarios.
Así mesmo, foron levados a cabo os trámites de xusti-precio, pago e rexistro notarial das parcelas en moitos dos casos, o que conlevou que moitos dos propietarios deixaran de levar a cabo as faenas agrícolas cos perxuícios que isto provoca naqueles que non foron indemnizados.
Con sorpresa e con bastante indignación, a través dos medios de comunicación, recibimos a novedade que o Polígono Industrial A Guarda-O Rosal, quedaba paralizado, provocando que unha vez máis, se elimine a posibilidade de creación de postos de traballo na nosa comarca, e provocando a marcha dalgunhas empresas que estaban a espera da posta en marcha deste proxecto para instalarse na nosa localidade.
Por todo elo, dende Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL, vimos a presentar ao Pleno para o séu debate e aprobación da seguinte MOCION:
O Pleno do Concello de A Guarda, na defensa do séu desenrrollo ven a esixir a Administración Autonómica a continuación e posta en funcionamento da maneira máis urxente o POLÍGONO INDUSTRIAL “A GUARDA-O ROSAL”
A Guarda, a 22 de xullo do 2.010
Celso R. Fariñas
Ningún comentario:
Publicar un comentario