Informa (Reportaxe fotográfica e texto): Rosa Fernández / Orthez (Francia)
O sábado día 17 e o domingo 18 celebrouse en Orthez, Francia o Campionato de España de Slalom.
Os Teixugos participaron con 6 piragüistas dos cales tres lograron colarse nas semifinais, Guillermo Martinez en K1 junior e Alejandro Ochoa e Emilio Carrera en C1 junior. Estes dous últimos entraron na final onde remataron sétimo e oitavo respectivamente. Esta competición contou cunha alta participación de deportistas de gran nivel, como sempre destacan no medalleiro vascos e cataláns, ao contar con infraestruturas para adestrar. Os poucos galegos que destacan, Mario Fontán (medalla de ouro en C1 junior) e Antía Loira (Medalla de prata en K1 junior), vénse obrigados a trasladarse a Seu D´Urgell para poder manter o nivel.
Nesta ocasión Os Teixugos non deron acadado medalla, pero sí o fixeron os clubes galegos do Baiona, Tea de Mondariz e Val-Miñor.
Podedes ver unha reportaxe dos Teixugos participantes nesta ligazón.
Nesta ocasión Os Teixugos non deron acadado medalla, pero sí o fixeron os clubes galegos do Baiona, Tea de Mondariz e Val-Miñor.
Podedes ver unha reportaxe dos Teixugos participantes nesta ligazón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario