MONTES DE PORTUGAL: QUEN ESTÁ DETRÁS DOS REITERADOS INCENDIOS DESTE VERÁN?


Infogauda / Alto Minho (Portugal)
Aconteceu na tarde de onte sábado día 24 de xullo. Cando moitas persoas disfroitaban do seu tempo de lecer nas praias, unha columna de fume escomenzou a facerse visible por riba dos montes de Caminha, notándose especialmente desde varios lugares da ribeira galega do río Miño. Pasado un espacio de tempo de aproximadamente media hora, fixeron acto de presenza dous hidroavións que escomenzaron a coller auga no tramo final do Esteiro do Miño, á altura do termo municipal de A Guarda. Grazas a labor coordinada deses hidroavións o fogo rematou sendo controlado.
Lamentablemente na tarde deste domingo, o fogo fixo acto de presenza de xeito cáseque simultáneo, en varios lugares da serra portuguesa da Rexión do Alto Minho. Por iso, como xa temos salientado recentemente, todo semella indicar que detrás deste fogos hai moitos e inconfesables intereses. Xa vai sendo hora de que por parte das autoridades competentes do veciño país se adoiten ás medidas oportunas para acabar con esa lacra e o mesmo tempo que permitan repoboar con árbores autóctonas os montes de Portugal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario