8 de xan. de 2010

TUI

A DEPUTACIÓN CONCEDE Ó CONCELLO DE TUI 135.354 EUROS PARA ACOMETER A MELLORA DE VÍAS NAS PARROQUIAS DE PEXEGUEIRO, CALDELAS E AREAS


Infogauda / Tui
A Deputación de Pontevedra concedeu hoxe, na súa Xunta de Goberno, un total de 135.354 euros ó concello de Tui para acometer distintas obras de mellora nos vías das parroquias de Pexegueiro, Caldelas e Areas.

As mencionadas obras están incluídas no Plan de Investimentos da Deputación de Pontevedra para o período 2010-2011 que implicará o investimento de 70 millóns de euros en 523 obras propostas polos concellos da provincia. A finalidade do devandito plan é contribuír á reactivación económica da provincia e colaborar cos concellos en investimentos produtivos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario