8 de xan. de 2010

GALICIA

ESQUERDA UNIDA ADVIRTE QUE O DESEMPREGO, QUE XA ALCANZA MÁXIMAS HISTÓRICAS, SEGUIRÁ A AUMENTAR EMPEORANDO A SITUACIÓN NO SEGUNDO SEMESTRE DO 2010


EU CHAMA AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS Á MOBILIZACIÓN POLA DEFENSA DO EMPREGO, EN CONTRA DA PRIVATIZACIÓN E A PROL DO CAMBIO DE MODELO ECONÓMICO

ESQUERDA UNIDA DENUNCIA QUE DE SEGUIR COA POLÍTICA ECONÓMICA, PRIVATIZADORA E POPULISTA, O GOBERNO DO PP SUMIRÁ A GALICIA NUN CAOS ECONÓMICO SEN PRECEDENTES

Infogauda / Galicia
EU cualifica os últimos datos do paro do mes de decembro como a confirmación do fracaso das políticas neoliberais do PP e PSOE, tanto en Galicia como no resto do Estado.
Espanha espertou cuns datos no mes de decembro de 3.923.603 desempregados. Galicia cun total de 222.839 fronte os 216.828 do mes de novembro, sendo a súa distribución por provincias: 89.594 na Corunha, 87.209 en Pontevedra, 24.868 en Ourense e 21.168 en Lugo. (Os parados en formación non computan).
Estes datos, que supón máximas históricas tanto en Galicia como no Estado, seguen a confirmar as previsións da EUROSTAT (oficina comunitaria de estatística) nas que situaba a Espanha como o último pais en saír da crise, un de cada cinco parados da UE é español, prognosticando unha taxa de paro do 20%. O que ven a demostrar o fracaso das políticas económicas neoliberais, máis acusadas en Galicia co Goberno do PP, un partido que o primeiro que fixo foi ponher soldos case quince veces superior o Salario Mínimo Interprofesional aos seus cargos públicos, e impediu a derrogación dos pluses aos altos cargos.
Esquerda Unida considera que a política económica do PP, baseada na privatización, o populismo e a demagoxia, atópase cada vez máis afastada da realidade. O Goberno de Feijoo vese incapaz de atallar a crise e manter o tecido produtivo como o demostra o feito da destrución do emprego nas provincias da Corunha e Pontevedra, síntoma moi preocupante que non fai máis que anunciar o caos económico no que se atopará a nosa comunidade no segundo semestre do ano 2010. Como exemplo do desgoberno basta salientar que a Xunta do PP está a conceder subvencións con cartos públicos, e dicir de todas e todos, a empresas que fabrican fora de Galicia ou do Estado, práctica que lonxe de favorecer a creación de emprego pon en desvantaxe as empresas que están a contratar a traballadoras e traballadores de Galicia.
Unha vez máis chamamos aos sindicatos para que se mobilicen na defensa dun emprego digo e de calidade, xa que logo os traballadores e traballadoras non poden vivir de subvencións e necesitan solucións a curto prazo, en contra da privatización, pois agora máis que nunca faise necesario a defensa do público como ferramenta para saír da crise de maneira social e solidaria, e a prol do cambio de modelo económico, xa que necesitamos un novo sistema baseado no decrecemento sostible a través do control democrático da economía que transcenda ao actual que amosa claros síntomas de esgotamento e ten demostrado sobradamente a súa ineficacia para desenvolverse sostiblemente tanto no eido do social como en relación co medio natural.
Esquerda Unida invita as organizacións sindicais a incluír nas súas propostas a xornada de 35 horas sen redución salarial e a eliminación das horas extras como medidas xeradoras de emprego e de aumento da produtividade dos traballadores e traballadoras ao permitirlles mellorar a súa conciliación da vida laboral, familiar e persoal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario