Sostén que é un “punto de referencia da arte contemporánea” que atrae a galeristas de toda España e Portugal e que aposta por “inserirse nos circuítos internacionais da arte contemporánea e por establecer conexións, asociacións e fíos entre artistas, centros de producións e coleccionistas internacionais”.
Asegura que contribuirá a “potenciar os nosos históricos vínculos culturais e artísticos co noso país veciño e co resto de España”.
Feijóo presenta o plan re-Forza 2010 da Xunta, destinado a acadar unha maior competitividade das empresas, favorecer a súa internacionalización e reducir ata 45 días o tempo para resolver as solicitudes
Asegura que, con este plan, o Igape compromete un incremento do 12 por cento do seu orzamento, a pesar de que o Estado reduce un 12 por cento os ingresos deste ano.
“O novo Igape no que estamos comprometidos é un Igape eficaz, que saiba distinguir entre o fundamental e o accesorio, e entre as axudas que crean emprego e as que non o fan”, subliña.
Asegura que o obxectivo non é outro que “suavizar os efectos da crise e saír reforzados” do período de depresión económica no que está instalada a economía, polo que reafirma que a Xunta vai centrar a súa actividade na “solvencia”, para “facilitar o aceso ao crédito das empresas galegas”.
Asegura que coa internacionalización, a Xunta pretende “facilitar e aperturar” as empresas galegas a mercados fóra de España, e que o orzamento previsto para tal fin medra nun 56 por cento.
Prantexa o compromiso de que o tempo de resposta ás solicitudes presentadas por empresas sexa de 45 días, “para que poidan ter unha perspectiva do que pode facer nun momento de dificultade económica”.
Remarca que o número total de axudas ao tecido produtivo do ano 2009 “se triplicou” e superou os 630 millóns de euros, fronte aos 208 millóns euros do ano 2008.
Destaca outras actuacións da Xunta de impulso á economía, como o Plan re-Móvete para vehículos, o Plan Resolve e re-Brote, de axudas a circulante nas empresas, o Plan re-Imaxina para pemes e o Plan Impulsa Lugo e Ourense.
Ler máis.
Feijóo avanza que en 2010 a Xunta investirá 55 millóns de euros en seguridade viaria, un 10% máis, e que todos os proxectos de estradas incorporarán un anexo sobre esta materia
O Goberno galego actuará neste exercicio no 11 por cento da rede autonómica de estradas para acometer actuacións nesta materia.
Adianta que a partir do segundo semestre do ano todos os proxectos de estradas deberán incorporar, con carácter obrigatorio, un anexo de seguridade viaria.
Valora positivamente os datos que reflicten unha redución do 9,5 por cento das persoas falecidas nas estradas galegas pero considera que estes datos están “por enriba dos razoablemente admitidos” e que hai que seguir traballando na mellora da seguridade viaria.
Resalta o novo Plan de Formación de Funcionarios do ano 2010, que se concreta nun “25% máis de prazas para a formación de empregados públicos, nun 44% máis de actividades na formación deses empregados públicos, e nun 37% de incremento de horas lectivas”.
O plan suporá, tamén, unha aposta decidida por “cursos de lingua estranxeira, fundamentalmente de inglés, cun incremento dun “110% das horas de cursos de inglés con respecto ao ano 2009, e un 70% no número de prazas”.
Subliña que a Xunta e a Fegamp porán en marcha unha comisión única que permita un seguimento “máis simplificado e máis actualizado” do Pacto Local.
Ningún comentario:
Publicar un comentario