12 de xan. de 2010

GALICIA

Roberto Varela e Isaac Díaz Pardo asinaron un convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e o Real Patronato Sargadelos para garantir a continuidade de actividades de promoción, divulgación e proxección do patrimonio cultural galego

· O conselleiro de Cultura Turismo, Roberto Varela, e o representante da Secretaría do Real Patronato Sargadelos, Isaac Díaz Pardo, asinaron un convenio de colaboración
Infogauda / Galicia
Cultura destina 30.000 euros para o funcionamento e mantemento da casa de administración e para o proxecto expositivo permanente do Museo Histórico de Sargadelos en Cervo.

Economía e Industria financia a liña específica para axilizar os ingresos das pemes produtoras de uva
Este mecanismo habilitado mediante convenio do Igape coas entidades financeiras, facilítalles ás pemes produtoras de uva, directamente ou a través das súas asociacións, o financiamento da venda das súas produccións.
A liña de financiamento poderá axilizar o pagamento de operacións de compra de uva por un importe global máximo de 15 millóns de euros.
O prazo para a presentación de solicitudes ao abeiro das bases reguladoras publicadas hoxe no Diario Oficial de Galicia rematará o próximo 15 de abril.

Ler máis.

O Servizo Galego de Saúde implanta un novo sistema de alarma nos centros de saúde para previr agresións
Contarán cun dispositivo nos ordenadores que permite ao persoal médico, de enfermería e administrativo pedir axuda se é preciso.

Ler máis.

A Escola Superior de Arte Dramático de Galicia abre as súas portas en Vigo para 250 alumnos e alumnas

· Lucía Molares, está mañá, na visita
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, realizou esta mañá unha visita ao centro, acompañada do director da escola, Manuel Vieites, para comprobar o resultado da obra e cómo se levou a cabo o traslado da escola dende as súas anteriores instalacións en Bouzas.
Os alumnos e alumnas tamén coñeceron hoxe as instalacións para comezar mañá as clases de forma oficial.
O novo centro, de máis de case 5.500 metros cadrados, tivo un custe superior aos seis millóns e medio de euros.
Os estudantes de artes terán un espazo propio, unha vez rematadas as conexións cos servizos básicos de auga, electricidade, gas e saneamento.
Presentación da programación cultural conxunta Caixa Galicia-Xacobeo para o Ano Santo 2010
· Roberto Varela e José Luis Méndez
Foto: Ana Varela
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, e o director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez asinaron un convenio polo que a caixa galega destina 2,4 millóns de euros –o dobre que no 2004- para a realización de 60 iniciativas socioculturais e a elaboración dun estudo sobre o impacto económico do Ano Santo.Ambas institucións xuntan esforzos para procurar o máximo nivel de xeración de emprego, riqueza e atracción de visitantes e a divulgación da imaxe de Galicia fóra da comunidade.
A Xunta financia con 8,1 millóns de euros as axudas do Fondo de Acción Social para persoal da administración autonómica
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o acordo subscrito polos representantes da Administración galega e as catro organizacións sindicais (CCOO, UGT, CIG e CSI-CSIF) representadas na mesa xeral de Negociación de Empregados Públicos.
Trátase da primeira vez nos últimos anos que esta resolución é aprobada por todos os sindicatos con representación.
Os fondos van destinados a axudas á xubilación, atención aos discapacitados ou maiores a cargo, por fillos menores, para estudos dos traballadores e dos seus fillos, para a adquisición de vivenda, e para gastos sanitários.

Ningún comentario:

Publicar un comentario