
Infogauda / Estás
A Concellaría de Mocidade organiza en colaboración coa asociación xuvenil “Buraco do Frade” o IX Estás Rock 2010, que terá lugar o vindeiro día 15 de xaneiro, no baixo do Centro Cultural de Estás.A partir das once e media da noite, actuarán os grupos “Phantom Club”, “Funking Bastards”, “Leyendas” e “Xerock”. Os organizadores, que van xa pola novena edición deste festival, esperan acadar unha ampla participación por parte da mocidade de toda a comarca. Buraco do Frade tamén en colaboración coa Concellaría de Mocidade, organiza o primeiro “Estás Dj’s 2010”, o venres 22 de xaneiro a partir das 12 da noite. O espectáculo estará a cargo dos profesionais Dani Moreno, de Máxima FM; Dj. Chimo, de discoteca Malizzia, RMT e Loca FM; e Dj_Diego González, de myspace.com.Estes espectáculos celébranse coincidindo coas Festas de San Sebastián (Estás) organizadas pola comisión de festas do mesmo nome en colaboración co Centro Social de Estás, a Comunidade de Montes e Concellaría de Cultura do Concello de Tomiño.A popular celebración terá lugar o día 23 de xaneiro, inaugurando o día cunha salva de bombas ás dez da mañá, que anunciará a entrada do grupo de baile Virxe do Alivio.Ás 12.00 horas inaugurarase o novo recinto de festas, que para a ocasión, cubrirase cunha carpa de 600 metros cadrados. Actuará a orquestra “Nueva Generación”. Pola noite, outras tres orquestras, “Abanico”, de Rianxo; “Salsa Rosa”, de Pontevedra, e “Sintonía”, de Vigo, amenizarán a gran verbena.
Os actos relixiosos comezarán o día 14 ás 19.00 horas, e a misa solemne celebrarase o sábado 23 ás 11.00 horas con sermón e procesión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario