¿Onde está a razón e sentido común?

José Antonio González Morais / Camposancos
Este comentario o fago a nivel particular para fomentar o debate entre a cidadanía, e dou a razón ao Pte. da Xunta de Galicia en que o Inglés é mais importante que o Galego fora do Estado Espanhol.
A educación é unha arma letal que modifica o pensamento e a maneira de ver os problemas que ten a sociedade. Como ciudadano preocúpame o acordo sobre a educación PSOE con PP. O final do acordo, entre outras cuestións será, mais privatizacións de colexios e menos dotación económica para os colexios públicos. A escusa da educación baseada no esforzo, tesón etc... sóame a demagoxia.
¿Que pasará ca educación para a cidadanía?
Se non me lembro mal un catalán (Presidente de Catalunha), para algúns personaxe de prestixio, dixo, que o catalán é un idioma para falalo na autonomía.
Como avó que son quero que meus netos falen, lean, escriban en inglés e fagan o mesmo co Espanhol, Galego etc...(A cultura non ten fronteiras).
En Portugal un estudante universitario fala, entende, escribe en inglés pero en Espanha non é así ¿Quen ten a culpa? Zapatero dixo que os novos estudantes terían que dominar o inglés ¿Será verdade? ¿Porqué o PSOE galego esta en contradición con Zapatero?
Para ser honesto quero que as novas xeracións galegas dominen máis o Inglés que o Galego. Se o galego esta en crise a culpa é dos nacionalistas burgueses.
Para os novos inquisidores, ou nacionalistas burgueses (GZ = a galegos zoupóns...), digo que cada pau aguante a súa vela, ou que cada cán lamba seu carallo...... din os refráns populares.

OUTRAS OPINIONS DOS LECTORES
Polo que se desprende deste "comentario", por chamalo dalgunha maneira, é que a nosa Cultura Galega non merece a mesma consideración que o castelán ou o inglés. Seguimos ou seguen algunhas persoas arrastrando as eivas do pasado inquisitorial que someteu durante séculos á nosa cultura, especialmente na etapa franquista. Aínda hai xente que cre na xerarquización da cultura, porque cre na xerarquización da sociedade e polo tanto na cultura de clases. Non é certo que existan linguas superiores ou inferiores en importancia se a importacia é de tipo cultural. Pero se tomamos como patrón o poder económico dunha nación para establecermos esa distinción, entón deberiamos pensar en poñer por diante do castelán e incluso o inglés ao chinés, posto que China é a economía mundial en expansión máis grande nestes momentos. Vai Rajoy, Feijóo ou o señor González Morais de Camposancos a defender o uso e aprendizaxe do chinés nas escolas?. Creo que estamos chegando a camiños absurdos, a debates malintencionados que o único que perseguen é a paulatina extinción da nosa lingua e por estensión da nosa cultura. Podo dicir que o meu nivel de inglés é o suficientemente bo como para facerme entender en paises de fala inglesa, que o meu nivel de castelán é bo para facerme entender no resto do estado español e por suposto adoito a falar o galego na miña terra e nas miñas escapadas a Portugal. Cando estudaba non existía ningunha lei que promovese o ensino do inglés e moi pouco o ensino do galego. Onde se atopan as carencias do ensino? nos medios ou nas propias persoas? Con opinións do tipo "+inglés -galego", "a educación é unha arma letal", "a culpa é dos nacionalistas burgueses" etc. o señor González Morais de Camposancos define moi ben o seu nivel intelectual, que desde logo está nas antípodas da intelixencia.
Un lector deste xornal dixital, que asina súa opinión co seudónimo Camposino, deixou un novo comentario, no que dí textualmente:
De acordo totalmente con "Anónimo", e mais lle diría ao señor Gonzalez Morais,que lea en Galego algo máis que o do BNG, pois en galego existe a eñe (Ñ) de Miñoto, de Baixo Miño, de Rio Miño,... Desde antes de Rosalía de Castro, pasando por Castelao e Cunqueiro, etc...EÑE...(Ñ).Ñ Ñ Ñ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario