9 de xuño de 2026

MARÍN

Visitas a Aixola 


Visita do alumnado de 4º da ESO do Colexio Sagrado Corazón de Placeres.
Foto: C.F.A.

Centro de Formación A Aixola/Marín

 No que vai de ano recibimos catro visitas con máis de 150 persoas no Centro de Formación de Aixola.  

 A primeira foi a do grupo de 3º da ESO do IES Pontecaldelas, que convinaron esta visita cunha ao asteleiro cercano de NODOSA e as instalacións de Autoridade Portuaria de Marín. Esta visita estaba enmarcada nun proxecto formativo sobre a industria marítimo-pesqueira en Galicia, co que foi o fío conductor da mesma. Coñeceron así diversos artes de pescas, así como as manobras básicas dun arrastreiro, gracias as maquetas que temos na entrada. Nas visitas aos diferentes talleres puideron ver os diferentes compoñentes da economía azul en Galicia, dende a construción/reparación de embarcacións en madeira e poliester, aos servicios que se poden dar nunha náutica deportiva, como reparación de velas, embarcacións pneumáticas ou sistemas eléctricos.  

 Outra das visitas, a rapazada de 5º de primaria do colexio Divino Salvador de Vigo, que xiraba entorno ao Polbo (Octopus vulgaris) ne Galicia. Ademais dun taller interactivo sobre o afloramento e movemento de augas nas rías, e outro sobre metodos artesáns de pesca, ciclo e xestión da especie visitaron o taller de Artes e Aparellos para coñecer os tipos de nasas, a súa construción.  

 O alumnado de 4º da ESO do Colexio Sagrado Corazón de Placeres (Marín), centro moi próximo ao porto e A Aixola, participaron nun proxecto de relevo xeracional para o mar levado a cabo polo GALP da ría de Pontevedra. Neste proxecto achégase a realidades dos diversos traballos que se poden desempeñar no mar, e tamén en empresas do sector marítimo.  

 Tamén recibimos no noso centro a un grupo de usuarios e acompañantes de FADEMGA Plena inclusión, que é a federación galega de asociacións en favor das persoas con discapacidades intelectuais ou do desenrolo. Desfrutaron dunha visita adaptada na que coñeceron diversos aspectos do mundo do mar, así como tradicións ao redor do mesmo e os nosos talleres.     

 Se están nun colectivo e queredes visitarnos:  aquí tes a SOLICITUDE

Ningún comentario:

Publicar un comentario