Sorteos Instagram calendario de Advento
Club Balonmán Atlético Guardés
Informamos a socios e socias de que na conta de Instagram do Club está xa aberto un calendario de Advento polo cal se realizarán sorteos de distintos premios cada venres ata o 24 de decembro e no que xa se pode participar. A ligazón é a seguinte: https://www.instagram.com/p/DRucqsLjASh/
Moita sorte!
Lembramos tamén que xa está dispoñible para recoller na oficina a lotaría de Nadal do Club, con rifas a 5 euros que inclúen unha participación nos números 72.145 e 97.697, así como no sorteo dunha cesta de produtos de Nadal.

Ningún comentario:
Publicar un comentario