5 de dec. de 2025

A GUARDA

Belen solidario de Generoso Cadilla Lomba

 A visita a este belén, é de balde. Pódese ver a partir das 16:00 horas, e os sábados e domingos tamén pola mañá de 12 a 13:30 horas




Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño / A Guarda

 No porto da Guarda, Generoso Cadilla Lomba leva mais de 16 anos realizando un belén no baixo da súa casa. Ten máis de 20 metros cadrados  e está feito de materiais reciclados.  

 A visita a este belén, é de balde. Pódese ver a partir das 16:00 horas, e os sábados e domingos tamén pola mañá de 12 a 13:30 horas. 

 Quen queira visitalo pode pasar e chamar ao timbre, Generoso fará de guía e poderá explicar polo miúdo como foi feito e como consegue o movemento de moitas das figuras. 

 Se algún grupo ou colexio quere visitalo, só ten que chamar ao número de teléfono 608 14 07 36. 

 Esta obra contribúe cos seus donativos a Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario