23 de out. de 2025

O ROSAL

Concerto de Outono 

21º aniversario da Coral da Agrupación Musical do Rosal

  Este sábado, 25 de outubro, ás 20:00 h, no Auditorio do Rosal




Agrupación Musical do Rosal

 Dende a Agrupación Musical do Rosal queremos convidarvos ao Concerto de Outono, que terá lugar este sábado 25 de outubro, ás 20:00 h, no Auditorio do Rosal, con motivo do 21º aniversario da nosa coral.  

 No concerto participarán:  

•  Coral Polifónica de Campo Lameiro  

•  Coral Airiños da Capela (A Capela – A Coruña)  

• Coral da Agrupación Musical do Rosal, anfitrioa do evento, que baixo a dirección de Toñi Santos - directora dende os comezos da coral - interpretará o programa que levan preparando nos últimos meses. Este mesmo repertorio será o que presenten na primeira sección do I Certame Coral Galego, organizado por FECOGA, que se celebrará o 1 de novembro no Auditorio Fontán da Cidade da Cultura, xunto con outras dez corais galegas.  

 A entrada é de balde ata completar a cabida.  

 Ademais, temos preparada algunha sorpresa especial para o público.

Ningún comentario:

Publicar un comentario