29 de out. de 2025

GALIZA

Nova xornada de mobilizacións do Colectivo de persoas xubiladas e pensionistas da CIG

Este xoves, 30 de outubro


Infogauda / Galiza

 O Colectivo de persoas xubiladas e pensionistas da CIG continuará este xoves, 30 de outubro, coas mobilizacións para reclamar unha atención digna á dependencia e denunciar as “políticas desastrosas” da Xunta de Galiza que deixan “as persoas maiores e dependentes nunha situación insostíbel”.  

 As protestas realizaranse nos seguintes lugares e horarios: 

A Coruña: ás 11h, no edificio administrativo de Monelos (Praza Luís Seoane). 

Compostela: ás 12h, no INSS da rúa Galeras.  

Ferrol: ás 11h, no edificio da Xunta (Praza Amada García) 

Lugo: ás 11:30h, no edificio multiusos da Xunta (Ronda da Muralla) 

Ourense: ás 11:30h, no edificio da Xunta (Avda. da Habana) 

•   Pontevedra: ás 11:30h, no edificio administrativo da rúa Benito Conde Corbal. 

Vigo: ás 11:30h, diante do mercado do Calvario. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario