Este martes, día 1 de xullo, ábrense as citas para renovar pasaporte e DNI na Guarda
Infogauda / A Guarda
A partir deste martes, 1 de xullo, pódese pedir cita para a renovación na Guarda do Documento Nacional Identidade (DNI) e do pasaporte.
A cita pódese pedir cita de forma presencial no mostrador de información da planta baixa da Casa do Concello ou chamando ao teléfono 986 610 000.
Tamén haberá servizo de renovación durante todo o verán, os meses de xullo e agosto.
Recordamos que co servizo do Vehículo Integral de Documentación (VIDOC) da Policía Nacional só é preciso acudir un día a facer o trámite.
O VIDOC instalarase na praza do Reló, o luns 7, e o mércores 23 de xullo. Atenderase de 9:30 a 12:30h, só con cita previa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario