A Guarda acollerá a FILATEM2026
• Exposición nacional de filatelia temática, que se celebrará do 8 ao 12 de outubro de 2026, nos salóns do Concello de A Guarda
Infogauda / A Guarda
A Federación Española de Sociedades Filatélicas (FESOFI) en asemblea xeral do 8 de marzo, celebrada en Madrid, concedeu á Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (S.F. e N.G.) a organización da FILATEM2026, que se celebrará do 8 ao 12 de outubro nos salóns do Concello de A Guarda.
A exposición contará con 180 vitrinas e reunirá as mellores coleccións de filatelia temática de España. En breve sairá publicado o regulamento da exposición.
O evento de carácter competitivo conta co patrocinio da Deputación de Pontevedra e o Concello de A Guarda, así como coa colaboración da Federación Galega de Sociedades Filatélicas (FEGASOFI), e de Correos.
“FILATEM2026 é todo un reto para a Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, motivo polo cal sentimos moi orgullosos de poder celebrar unha exposición competitiva desta magnitude na Vila da Guarda”, indican desde á xunta directiva da S.F. e N.G.
Ningún comentario:
Publicar un comentario