A OMIX do Concello da Guarda e FOCO organizan un obradoiro teatral
• Para achegar á mocidade de entre 13 e 18 anos o impacto dos desastres naturais
Infogauda / A Guarda
O vindeiro venres, 30 de maio de 2025, o Centro Cultural de A Guarda acollerá un obradoiro dirixido a mozas e mozos de 13 a 18 anos, para explorar, a través do teatro e outras ferramentas creativas, o impacto e a resposta colectiva fronte aos desastres naturais.
Esta actividade, organizada pola asociación FOCO, en colaboración coa Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de A Guarda, busca fomentar a conciencia e a preparación da mocidade ante situacións de emerxencia ambiental. Encádrase dentro do proxecto europeo Our Planet centrado na concienciación ambiental da mocidade, apoiado por Erasmus+.
O obradoiro desenvolverase entre ás 18:30 e ás 20:00h, e é gratuíto e sen inscrición previa. Pódese obter máis información a través do correo informacion@aguarda.es ou info@focoeuropa.com.
A actividade enmárcase nas accións de sensibilización ambiental e participación xuvenil impulsadas no concello.
Sobre FOCO
FOCO é unha asociación con sede na Guarda (Pontevedra) fundada por persoas procedentes de diferentes ámbitos que pretende facer avanzar o campo da educación non formal mediante proxectos formativos e creativos e iniciativas innovadoras.
Con actividades relacionadas co teatro e a representación teatral tentan facer chegar á xente nova os valores democráticos, mais tamén medioambientais, de cooperación e convivencia...
Ningún comentario:
Publicar un comentario