A KDD Bonita reunirá a máis dun centenar de coches no porto de A Guarda
• Nace na vila guardesa un novo evento automovilístico, con zona dj, gastronetas, sorteos e concursos
Este domingo, 25 de maio, ás 12:30h, na zona da Atalaia, máis dun centenar de coches reuniranse na Guarda na I KDD Bonita. Trátase dun evento que xorde na nosa vila co obxectivo de fomentar a cultural automotriz local, ademais de atraer visitantes.
A reunión está aberta a todo aquela persoa que queira participar. Xa pola tarde darán comezo os concursos de petardazo, limbo, coche con máis xente, coche moderno e coche antigo. A partir das 20:30h realizaranse as entregas de premios e os sorteos.
Dúas das súas organizadoras, Sheila Dacosta e Michelle Goncalves, achegáronse á Casa dos Alonso - sede do Concello de A Guarda -, para presentar esta quedada ao alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, e ao concelleiro de Deportes e Cultura, Celso Rodríguez Fariñas, xa que o Concello colabora na primeira edición desta quedada.
Dacosta, membro tamén do grupo de coches local #Euvoudechil, explica que “vai vir xente da Coruña, de Ourense, Santiago...pero non veñen só os condutores, senón que trae toda a familia para pasar o día”.
Do mesmo xeito, Goncalves, manifestou a súa sorpresa ante o éxito da quedada, “non agardábamos ter esta acollida e que chegara a tanta xente”.
A quedada tamén contará con zona dj e gastronetas. “É xenial ver nacer na Guarda novos eventos, diferentes, impulsados por xente nova”, destaca o alcalde, quen tamén afirmou: “Desde logo que será unha xornada para que os participantes e asistentes desfruten dunha paixón e afición común nun ambiente e entorno inmellorable”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario