14 de feb. de 2025

VIGO

A CIG-Industria faise coa totalidade da representación sindical na empresa Otis, en Vigo 

 A central logrou os tres delegados de persoal que se escollían 

Infogauda / Vigo

 A federación de Industria da CIG vén de facerse coa totalidade da representación sindical na empresa Otis Mobility en Vigo, ao obter os tres delegados de persoal que se escollían.  

 Nas eleccións sindicais celebradas o pasado martes os tres candidatos da central sumaron 81 votos (31, 25 e 25 respectivamente), fronte aos 13 apoios colleitados polo único candidato presentado polo Sindicato de Elevación, organización que no anterior proceso conseguira os tres representantes. 

 Dende a CIG-Industria agradecen a confianza depositada polas persoas traballadoras de Otis e adiantan a disposición dos delegados de persoal a loitar nos vindeiros anos por unha dignificación das condicións laborais que pasaría por mellorar o actual convenio de empresa a nivel estatal. 

 Otis Mobility, que se dedica á fabricación, mantemento e instalación de equipos de elevación, conta cun cadro de persoal de 45 persoas no centro de traballo de Vigo.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario