28 de nov. de 2024

TUI

Tui conmemora o Día Mundial da SIDA cunha campaña informativa 


Pancarta na fachada do edificio Francisco Sánchez, ofrecendo a información á cidadanía sobre a SIDA
Foto: C.T.

Infogauda / Tui

 O Concello de Tui, a través do Servizo de Prevención das Drogodependencias, leva a cabo unha campaña informativa con motivo do Día Mundial da loita contra a SIDA que se conmemora este domingo, 1 de decembro.  

 Por este motivo colocouse unha pancarta na fachada do edificio Francisco Sánchez, ofrecendo a información á cidadanía sobre a SIDA. Amais realízanse nos institutos de Tui obradoiros para promocionar estilos de vida e formas de diversión saudables, desmitificando falsas crenzas e mala información, permitindo aos individuos estar a cargo da súa saúde e non ser pasivos, fomentando no marco asociativo xuvenil o desenvolvemento de estilos de vida saudables e ofrecendo formación sobre esta enfermidade.  

 O Servizo de Prevención das Drogodependencias prepara para esta fin de semana —en colaboración cos locais de ocio nocturno de Tui— o reparto de preservativos, carteis, dípticos, e folletos informativos sobre esta enfermidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario