Iria Sobrado pechará a programación do 25N en Tui con “Corazón”
• Representará esta acción performativa este sábado ás 12 h no Mercado de San Antonio
Infogauda / Tui
A acción performativa “Corazón” da actriz e artista audiovisual Iría Sobrado pechará este sábado 30 de novembro, ás 12 horas, no Mercado de San Antonio a programación do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller en Tui.
“Corazón” é unha conmovedora e orixinal proposta para un espazo coma un posto do mercado. Deste xeito remata a programación desenvolvida baixo o lema “Que a vergoña cambie de lado. A nosa voz contra as violencias machista!”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario