29 de nov. de 2024

A GUARDA

Xornadas Instrumentais Eurocidade, 2024 

 Os días 7 e 14 de decembro

 Localizacións: Centro Cultural de A Guarda; Local de ensaios da Agrupación Musical de A Guarda; e Casa dos Alonso



Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda, a través da Agrupación Musical de A Guarda ofrecerá no mes de decembro ata catro  clases maxistrais impartidas polos mestres dos conservatorios de Vigo e A Coruña: Hansel Luis Díez, José Antonio González Guevara, Asterio Leiva Piñeiro e Rafael Yebra. 

 As clases que se impartirán durante os días 7 e 14 de decembro van destinadas aos músicos residentes dos concellos de A Guarda, O Rosal e Caminha, estando aberta a posibilidade de inscribirse como oíntes, persoas interesadas doutros concellos.  

 Os obxectivos deste programa están destinados a complementar a capacitación dos músicos destes tres municipios, que contan cunha importante tradición musical e nas que as respectivas agrupacións desempeñan un papel protagonista e dinamizador desta tradición. Buscando así mismo enriquecerse co encontro e intercambio de coñecementos entre as entidades dos diferentes municipios e de ambos países.  

 Ao presentarse en formato clases maxistrais búscase dotar da oportunidade de complementar a formación regrada nos respectivos centros e formacións musicais, tendo a oportunidade de contar con docentes externos de recoñecido prestixio. 

O programa previsto é o seguinte:

  • Sábado 7 decembro 2024.- Vento Metal
  • Mestre: Hansel Luis Diez. Profesor de trompeta /Jazz, do Conservatorio Superior de Música da Coruña
    • Horario: 10:00  13:00h // Tarde 15:00  18:00h
    • Lugar: Salón de actos do Centro Cultural (Rúa Rosalía de Castro, 12)
  • Sábado 7 decembro 2024.- Percusión
  • Mestre: José Antonio González Guevara. Profesor de percusión da Escola Municipal de Música da Coruña e do Conservatorio Profesional Presto-Vivace da Coruña
    • Horario: 10:00  13:00h // Tarde 15:00  18:00h
    • Lugar: Local de ensaios da banda da Agrupación Musical de A Guarda
  • Sábado 7 decembro 2024.- Audición conxunta final 
  • Mestres e Alumnos Vento e Percusión
    • 18:00h. No Centro Cultural de A Guarda (Rúa Rosalía de Castro, 12)
  • Sábado 14 decembro 2024.- Clarinete
    • Mestre: Asterio Leiva Piñeiro. Profesor de clarinete do Conservatorio Superior de Música de Vigo
    • Horario: 10:00  14:00
    • Lugar: Casa dos Alonso (Praza do Reló, 4-5)
  • Sábado 14 decembro 2024.- Saxofón.

    • Horario: 10:00  13:00h // Tarde 15:00 – 18:00h
    • Lugar: Salón de actos do Centro Cultural (Rúa Rosalía de Castro, 12)
  • Mestre: Rafael Yebra Rivera. Profesor de saxofón do Conservatorio Superior de Música de Vigo

     As persoas interesadas en participar deben inscribirse previamente no formulario web que se pode atopar aquí: https://forms.gle/X88KkuqjQ3hdtvYX7  

 A actividade está enmarcada dentro do proxecto transfronteirizo na 2º Convocatoria do POCTEP 2021-2027 – Prioridade 7 para dinamizar e crear sinerxias culturais entre os concellos de A Guarda, Caminha e O Rosal e terá como colofón final a realización dun intercambio entre as tres Agrupacións Musicais, o día 21 de decembro na Cámara Municipal de Caminha.

Ningún comentario:

Publicar un comentario