23 de nov. de 2024

A GUARDA

O CONCELLO DE A GUARDA PREMIA Á EXCELENCIA ACADÉMICA DO ALUMNADO


O alcalde e membros do goberno municipal de A Guarda co alumnado premiado
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 Na tardiña de onte venres, 22 de novembro, na Casa dos Alonso, celebrouse a entrega de premios que recoñecen a excelencia académica e o esforzo dos estudantes de secundaria do Concello de A Guarda. No acto participaron o alcalde Roberto José Álvarez Carrero, o tenente alcalde Óscar Alonso Álvarez e o concelleiro de Educación Aser Estévez Cividanes. 

 Desde o Concello agradecen "aos estudantes polo seu traballo, dedicación e perseveranza. O seu esforzo non só é un reflexo da súa capacidade, senón tamén do apoio incondicional de pais e nais, aos que tamén queremos expresar o noso recoñecemento e gratitude. Animámosvos a seguir traballando con ilusión e a continuar desafiando os vosos propios límites, porque o camiño da excelencia nunca remata. A vosa determinación é o mellor exemplo para todos nós". 

Ningún comentario:

Publicar un comentario