O Coro Cantábile organiza o III Festival Sons da Guarda
• Este sábado, 28 de setembro, ás 18:00 horas, na igrexa parroquial de Santa María de A Guarda
Infogauda / A Guarda
Este sábado 28 de setembro ás 18:00 horas, na igrexa parroquial de Santa María de A Guarda, dará comezo o III Festival Sons da Guarda.
O evento - organizado polo Coro Cantábile, coa colaboración do Concello de A Guarda e da parroquia de Santa María de A Guarda - contará coa participación do Coro Cantábile; Avelino Ferreira López; e a Rondalla Antorcha, con María José Baz.
Ningún comentario:
Publicar un comentario