O Concello aínda dispón de composteiros para repartir entre a veciñanza
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda vén de facer público que "a Concellería de Medio Ambiente posúe composteiros para repartir entre a cidadanía. Aquelas persoas que o queiran poden pedilo a través do correo medioambiente@aguarda.es ou 986 610 000.
Ademais, o concello ten a disposición dos veciños estruturante para facer compost. As proporcións son 1:1 de materia orgánica e estruturante no composteiro, a mesma cantidade de cada, mais agora que soben as temperaturas, ás veces, é necesario aportar auga e non esquecerse de remexer.
Todo isto poderase recoller no punto limpio."
Ningún comentario:
Publicar un comentario