O Concello recibe material informático para renovar a aula CeMIT
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda recibe material informático para renovar e modernizar a aula CeMIT (pertencente a Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica). Ata un total de catorce equipos completos foron recibidos na mañá deste xoves.
Ademais de 14 monitores e 14 portátiles, A Guarda terá 14 novos teclados con lector de DNI, 14 ratos USB e 14 replicadores de portos. Toda unha modernización para a aula CeMIT.
Trátase dunha provisión de equipamento e infraestrutura por parte da Deputación de Pontevedra cos fondos Next Generation e o Plan de Resiliencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario