31 de out. de 2023

OIA

A unidade móbil da ITV para vehículos agrícolas estará en Oia o 14 e 15 de decembro 

 



Infogauda / Oia

 A unidade móbil de inspección técnica (ITV) de vehículos agrícolas estará en Oia os próximos 14 e 15 de decembro. Ao igual que en anteriores ocasións, situarase no recinto da festa de Torroña e o horario de atención será: o día 14 de mañán (de 9:00 a 13:30 horas) e tarde (de 15:15 a 18:00 horas) e só de mañán o día 15.   

 As persoas interesadas en solicitar cita para esta revisión de ITV destinada a tractores, remolques e máquinas autopropulsadas xa poden facelo chamando ao teléfono 902 30 90 00 (en horario de 9:00 a 18:00h) ou na páxina web www.sycitv.com  

 Esta inspección ten carácter obrigatorio para tódolos vehículos agrícolas (tractores, remolques e máquinas autopropulsadas) cunha antigüidade superior a 8 anos e tamén para aqueles cuxa inspección non se atope vixente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario