10 de out. de 2023

DEPORTES

ÁLEX SIERPES PEREIRA LOGROU PARA GALICIA, A VITORIA NOS 3.000 METROS LISOS

 No Campionato de España de Federacións Autonómicas de Pista Sub 16 en Idade Escolar, celebrado en Xixón  


Álex Sierpes Pereira - no centro do podio - coa súa medalla de ouro lograda nos 3.000 metros lisos
Álex Sierpes coa bandeira de Galicia, logo de recibir no podio a medalla de ouro, no  Campionato de España de Federacións Autonómicas de Pista Sub 16 en Idade Escolar


Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes

 Esta pasada fin de semana, as pistas do Complexo Deportivo das Mestas, en Xixón, acolleu o Campionato de España de Federacións Autonómicas de Pista Sub 16 en Idade Escolar. 

 O evento deportivo, que realizouse en tres xornadas -dúas o sábado día 7, e unha o domingo día 8 de outubro -, quedou marcado pola elevada temperatura rexistrada para as datas do ano nas que nos atopamos. 

 Por este campionato pasaron nada menos que 857 atletas dos dous xéneros, e participaron nel 18 seleccións en total. 

 O mencionado Campionato CESA, foi organizado pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA), por delegación do Consello Superior de Deportes, e en colaboración da Federación Asturiana de Atletismo, e coa axuda do Concello de Xixón. 

 Álex Sierpes Pereira chegou a este campionato como plusmarquista nacional dos 1.500 obstáculos, proba a cal renunciou, para competir na de fondo dos 3.000 metros lisos, onde gañou sen moitos apuros, dándolle un bo puñado de puntos a Galicia, para o seu cómputo de reconto, onde obtivo cos seus compañeiros de equipo o 6º posto de selección masculina, e as mozas galegas obterían o 4º en féminas, nunha intensa fin de semana. 

 Con 8´45"54 bastoulle a Álex para brindarlle a máxima puntuación á súa selección e facerse coa medalla de ouro na súa proba individual.   

 Sierpes tamén participou nas substitucións masculinas de 4x300m, onde na súa serie quedaron terceiros e cuartos na xeral. 

 Parabén Álex! Pola túa convocatoria coa selección, recoñecemento da gran tempada que levas este ano por parte da Federación Galega de Atletismo, ao contar contigo en ambas as dúas intervencións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario