10 de out. de 2023

A GUARDA

16 DE XULLO E 23 DE SETEMBRO DE 2024, FESTIVOS LOCAIS NO CONCELLO DE A GUARDA

O acordo foi adoitado por unanimidade, pola corporación municipal


Vista de A Guarda
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda  

  A secretaria do Concello de A Guarda, vén de certificar que na sesión ordinaria celebrada polo Pleno o día 27 de setembro de 2023, tomouse o seguinte acordo que se transcribe literalmente: 

PUNTO 14.- Expediente 1864/2023. PROPOSTA ALCALDÍA FESTIVOS LOCAIS 2024

 “PROPOSTA DA ALCALDÍA 

 Tendo en conta a necesidade de remitir á Consellería de Traballo e Benestar o acordo plenario de designación de festivos locais para o ano 2024 no Concello da Guarda, e considerando axeitado manter as datas do 16 de xullo (Virxe do Carme) e o 23 de setembro (Santa Trega) como festivos locais proponse ó Pleno a adopción do seguinte 

 ACORDO: 

1.- Declarar festivos locais no Concello de A Guarda durante o ano 2024 os días seguintes: 

- 16 de xullo (Virxe do Carme) 

- 23 de setembro (Santa Trega) 

2.- Remitir o presente acordo á Consellería correspondente.”  

 Sometida a votación, a proposta foi aprobada por UNANIMIDADE dos membros presentes: 

 VOTOS A FAVOR: Sres/as. Álvarez Carrero, Alonso Álvarez, Alonso Gándara, Lomba Lorenzo, Álvarez Castro, Reyes González, Pena Pérez, Estévez Cividanes, Baz Vicente, Lomba Rodríguez, Pacheco Alonso, Méndez Díaz, Magallanes Alvarez, Rodríguez Marcos, Álvarez Martínez e Rodríguez Fariñas (dezaseis votos a favor).”

 Como queira que o ano 2024 será bisesto, o día 16 de xullo cadrará en martes: e o día 23 de setembro en luns.

Ningún comentario:

Publicar un comentario