10 de out. de 2023

A GUARDA

Convocatoria aberta para subvencións por concorrencia competitiva na Guarda  

As entidades e persoas interesadas teñen un prazo de 30 días naturais (ata a o 8 de novembro de 2023) para tramitar estas subvencións  


Casa do Concello de A Guarda
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda informa que a partir do martes 10 día de outubro xa se poden presentar solicitudes para as subvencións municipais por concorrencia competitiva destinadas a actividades sociais, culturais e deportivas no municipio. O anuncio da apertura do procedemento publicouse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (B.O.P.) do 9 de outubro de 2023.   

 As entidades e persoas interesadas teñen un prazo de 30 días naturais (ata a o 8 de novembro de 2023) para tramitar estas subvencións e toda a documentación se pode consultar na web municipal ou na sede electrónica.    

Documentación: 

Bases Subvencións actividades sociais

Anexos actividades sociais

Bases Subvencións actividades culturais

Anexos actividades culturais

Bases Subvencións actividades deportivas

Anexos actividades deportivas

Bases Subvencións deportistas individuais

Anexos deportistas individuais

Ningún comentario:

Publicar un comentario