1 de xul. de 2023

OIA

I SIMPOSIO SERRA DA GROBA E ARGALLO

O sábado día 8 de xullo, ás 18:00 h., na Casa Forestal de Oia




Ricardo Rodríguez Vicente  Oia

 A Casa Forestal de Oia  (Coordenadas 41.999232, - 8.8555919), acollerá o vindeiro sábado día 8 de xullo, ás 18.00 horas, o I Simposio Serra da Groba e Argallo, organizado por Turonio, Plataforma pola defensa do territorio Val Miñor / Baixo Miño - da que forman parte unha vintena de entidades (Comunidades de Montes Veciñais en Man Común; Comunidades Veciñais e Augas; A Jalleira, SOS Groba, ANABAM, Instituto de Estudos Miñorans,...)  -,  coa colaboración de Valdarca Parque Forestal, da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Santa María de Oia.

 No evento - con entrada de balde - participarán varios relatores vencellados ao ámbito académico, á investigación, o activismo medio ambiental e cultural, que exporán comunicacións relacionadas co patrimonio natural, etnográfico e cultural (matogueiras, turbeiras e cabalos da Serra da Groba; a biodiversidade, a arqueoloxía, a sostibilidade,...), que posúen os nosos montes.

 Ao remate dos relatorios haberá unha mesa redonda onde se abordarán diversas cuestións.

 Este evento é un primeiro paso dun proceso que ten como obxectivo a decraración da Serra da Groba e Argallo como Espazo Natural Protexido.

Ningún comentario:

Publicar un comentario