29 de ago. de 2022

VILADESUSO (OIA)

FESTIVAL DO REI SOL

O sábado día 3 de setembro, no Castro de Cano dos Mouros




Patricia Muñoz Raña / Viladesuso (Oia)

 Un ano máis a Asociación de Veciños de Viladesuso en colaboración coa Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Viladesuso organizan o Festival do Rei Sol, no Castro de Cano dos Mouros e na súa contorna.

 O Festival do Rei Sol é un evento cultural e divulgativo que nesta edición se desenrrolará en torno ad úas localizacións principais, pola mañá no entorno do Refuxio de Caza de Viladesuso, onde se conta cunha gran riqueza de patrimonio arqueolóxico e etnográfico e pola tarde no Castro do Cano dos Mouros.

A programación:

• Pola mañá, de 10:30 a 13:30, unha andaina polo entorno do Refuxio de Cazadores na Serra da Groba, centrada na divulgación da toponimia dos diferentes lugares polos que se transita, coa intención de evitar o esquecemento da mesma e procurar a súa recuperación.

• Rematada a andaina, realizarase un descanso con refrixerio amenizado pola agrupación de gaitas A Fiada, de Viladesuso.

• Paralelamente, e ata a primeira hora da tarde, de 10:30 a 15:30, realizaranse actividades orientadas ao fomento da tradición oral, musical e etnográfica, apoiándose no entorno natural que ofrece a Serra da Groba. Nelas participarán de maneira activa os máis cativos e tamén as familias. Esta proposta inclúe:

◦ Xogos populares.

◦ Xogos de distensión, cooperación...

◦ Contacontos tradicionais

◦ Ambientación musical tradicional (baile, xogos, cancions populares....)

◦ Enigmas.

◦ Descubrir o entorno a través de búsquedas do tesouro ou xogos de orientación.

 Estas actividades serán deseñadas e dirixidas por profesionais con ampla experiencia na creación de contidos nos que se fomenta o respecto pola natureza, o patrimonio e a cultura.

 Cunha forma de traballar na que fomenta a igualdade, a inclusión social e se asegura a accesibilidade de toda aquela persoa que queira participar, independentemente da súa condición.

• Xantar popular ás 14:00 no Refuxio de Cazadores, onde se preparará unha churrascada.

• Pola tarde, desplazarémonos ata o Castro de Cano dos Mouros onde se comezará cunha visita guiada, de 17:00 a 18:00, ao propio castro e a Cadeira do Rei Sol.

• A continuación, de 18:00 a 19:00, “Xán das Ondas” fará as delicias de maiores e pequenos cun espectáculo para tódolos públicos.

• A media tarde, de 19:00 a 20:00 teatro ao aire libre, no propio entorno do castro. A agrupación de teatro “O mellor de cada casa” representará unha obra cómo ven facendo estes últimos anos. Este é un dos elementos emblemáticos deste festival, pois a agrupación está formada polos propios veciños.

• Para rematar o día, un concerto de música folk a cargo de Zurrumalla, que comezará ás 20:00, pouco antes do solpor, para que o sol se poña durante esta actuación e que os asistentes poidan desfrutar destes dous espectáculos ao mesmo tempo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario