Á VENDA O LIBRO-PROGRAMA DAS FESTAS NA HONRA DA VIRXE DA GUÍA, 2022
Editado pola Asociación Cultural e Deportiva "A Guía"
Portada do libro-programa das Festas da Guía, 2022, reproducindo unha obra de Lucía Martínez Saracho
Foto: Infogauda
Ricardo Rodríguez Vicente / Ribadavila
Logo da obrigada paréntese de dous anos, voltan ás festas na honra de Nosa Sra. da Guía, no barrio guardés de Ribadavila. E fáno da man da Asociación Cultural e Deportiva "A Guía", que preside José Antonio Trinidad Cadilla, cuxa labor comezou fai tres anos, acadando daquela, en 2019, coa colaboración do comercio, da industria e da veciñanza de A Guarda e súa contorna, un máis que merecido éxito.
Superado o período de maior incidencia pandémica, as festas deste barrio guardés veñen neste 2022 con todos os ingredientes que xa son tradición: as Carreiras Pedestres - celebradas o domingo día 28 de agosto -. o libro-programa das festas, o serán, as actividades para os máis mozos, as verbenas, os actos relixiosos, as poxas, e a atronadora tirada de foguetes.
Como das Carreiras Pedestres Populares xa informamos no día de hoxe, neste artigo queremos ocuparnos do libro-programa editado pola Asociación Cultural e Deportiva "A Guía".
A devandita publicación, coordinada por Mª Emilia Álvarez Lorenzo - leva na súa portada a reproducción dunha acuarela - da autoría de Lucía Martínez Saracho -, que representa a ermida da Guía, situada a carón do Camiño Portugués pola Costa, á ruta xacobea que está contribuíndo á difusión mundial dos moitos atractivos da nosa vila.
Ademais da publicidade de 167 entidades comerciais, maioritariamente de A Guarda e da comarca do Baixo Miño, que contribúen á financiar á publicación e ao mesmo tempo, constitúen unha axuda para sufragar o orzamento das festas; nas súas 126 páxinas, hai un saúda do presidente da Asociación Cultural e Deportiva "A Guía" e os seguintes artigos:
· Virgen de La Guía, de Jesús García Villadóniga.
· Cimadavila - Ribadavila - Sobrelavilla, de José Antonio Uris Guisantes.
· Manifestación dos mariñeiros da Guarda na defensa cos caladoiros de pesca, de Victoriano da Ghoreña.
· Coloquios típicos, de Manuel da Robaleira (Arquivo: InfoMAXE).
· Compra do Mosteiro de Oia por Joaquín Alonso. Recompilación: Celso R. Fariñas. (Arquivo InfoMAXE).
· A Nosa Señora da Guía, de Luis Lomba o Haya, alias Ayón.
· Virgen Santísima de La Guía, de Chuny Vázquez.
· Melocotones con azúcar, de Carmen González Guerreiro.
· Generoso, el héroe de Buxán: El héroe sin rostro, de Luis Lomba o Haya, alias Ayón.
· Seguiré aquí, de Vanessa Rodríguez Álvarez.
· María Madre, de Flori.
· Recuerdo a César Álvarez.
· Felices 70, de Fernando Martínez Vicente.
Ademáis da programación de actos relixiosos, deportivos e festivos, no libro das festas da Guía, hai un índice de casas comerciais, e outro de textos, e tamén varias fotografías tanto en branco e negro, como en sepia e a toda cor. Por todo ese contido, a publicación ben merece que chegue ao maior número posible de lectores, que en definitiva, son os destinatarios dese traballo editorial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario