O Concello de Oia analiza a calidade da auga das fontes do municipio
Das 30 analizadas, 8 resultaron aptas e o resto non aptas para o consumo
Infogauda / Oia
No actual contexto de seca prolongada debido as altas temperaturas e escasas precipitacións que se están a rexistrar este verán, o Concello de Oia encargou unha analítica da calidade das augas dun total de 30 fontes do municipio, das cales 8 resultaron aptas para o consumo por cumprir todos os parámetros analizados coa lexislación.
As probas, realizadas por un laboratorio acreditado a finais do pasado mes de xullo, estarán a disposición da veciñanza na web municipal e deron os seguintes resultados:
- Fontes “aptas para o consumo”:
● Fonte de San Cosme (Sta. Mª de Oia)
● Fonte lavadoiro Laxes Darriba - dereita (Sta. Mª de Oia)
● Fonte do Calvario (Pedornes)
● Fonte Cabreira (Mougás)
● Fonte Campo (bar Rocha-Burgueira)
● Fonte Bonaval cruceiro (Burgueira)
● Fonte Xiguente (A Portela)
● Fonte Refoxos
- Fontes “non aptas para o consumo”:
Por superar os límites establecidos para os seguintes parámetros:
Coliformes totais |
●
Fonte da Valla (Pedornes) ●
Fonte do Matovello (Pedornes) ●
Fonte Colón (Viladesuso) ●
Fonte da Presa (Mougás) ●
Fonte Culaco (Mougás) ●
Fonte G. Civil (Mougás) ●
Fonte Lameiro (As Mariñas) ●
Fonte da Tella (Burgueira) ●
Fonte da Cheira (Torroña) ●
Fonte dos Carballos (Mavia) |
Aluminio* |
●
Fonte do Fial - campo fútbol
(Burgueira)* ●
Fonte de Santa Comba-lavadeiro* *As fontes de Santa Comba e o Fial superan en moi pouco o límite
fixado (200 no caso do aluminio), sendo de 260 en Santa Comba e 210 na do
Fial. |
Por máis dun parámetro: (E.coli, coliformes totais, aluminio) |
●
Fonte Chavella (Sta. Mª de Oia) ●
Fonte lavadoiro (Pedornes) ●
Fonte Preáns (Viladesuso) ●
Fonte do Xardín (Viladesuso) ●
Fonte Vilariño-Couta (Burgueira) ●
Fonte Liñares (Burgueira) ●
Fonte A Mouta (Burgueira) ●
Fonte Presa (A Portela) ●
Fonte lavadoiro (A Portela) ●
Fonte cruceiro Acevedo |
Nos próximos días, o Concello revisará os carteis de cada unha das fontes e actualizará as sinalizacións coas cualificacións de “auga non potable” ou “auga sen garantía sanitaria” que corresponda en cada caso. As fontes potables levarán o distintivo de “auga sen garantía sanitaria” por non poder garantir permanentemente a súa calidade ao non estar cloradas. A información sobre a calidade da auga das fontes tamén se colocará, nos próximos dias, nos taboleiros informativos das parroquias.
Finalmente, aconséllase extremar as precaucións e ter en conta os consellos de expertos en toxicoloxía, que recomendan non beber auga das fontes xa que a seca tamén repercute na calidade da auga dos mananciais, aumentando o risco de contaminación.
Coliformes e E.Coli
Algúns dos parámetros que se empregan á hora de cualificar se unha fonte é apta ou non son a presenza, por riba dos niveis establecidos, de bacterias como os coliformes totais e a E.Coli. Os coliformes totais son un grupo de bacterias que se atopan ao noso redor e que, na maioría dos casos, non supoñen un perigo para a saúde humana. Porén, non están presentes nas augas subterráneas e, polo tanto, serven como indicador de que poden estar presentes máis organismos prexudicial.
O coliforme fecal e a E.Coli son subgrupos dentro deste grupo dos coliformes totais cuxa orixe está nas feces de animais de sangue quente. A presenza de E.Coli indica que a auga ten estado exposta a feces e existe un inmediato risco para a saúde humana.
Ningún comentario:
Publicar un comentario