A Guarda acollerá en setembro un itinerario formativo de 120 horas de duración para a dixitalización de mulleres
• As participantes poderán mellorar os seus coñecementos dixitais, recibindo ao finalizar a formación un ordenador portátil e un título oficial acreditativo.
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda colabora no programa de formación para a dixitalización de mulleres “Galegas Dixitais”, acollendo 3 módulos de formación que comenzarán o día 19 de setembro e durarán ata o día 30 de outubro. A formación realizarase na Guarda en horario de 09:00 a 14:00.
É unha formación gratuíta dirixida a mulleres de A Guarda, orientada á mellora das capacidades dixitais, ao aumento das posibilidades de atopar emprego e adquirir os coñecementos en novas tecnoloxías, precisos para o día a día.
Módulos:
• Competencias dixitais básicas: Coñecementos dixitais para o día a día (40h).
• Competencias dixitais avanzadas: Coñecementos dixitais para o traballo (40h).
• Competencias dixitais para o emprendemento: Coñecementos dixitais para o negocio (40h).
As inscricións están xa abertas nos teléfonos 986 610 000 e no WhatsApp 604 039 575, na recepción do Concello da Guarda e na web http://galegasdixitais.es/
Ningún comentario:
Publicar un comentario