8 de ago. de 2022

A GUARDA

AS FESTAS DO MONTE SANTA TREGA CONTARÁN CUN PUNTO VIOLETA-ARCO DA VELLA 

PARA A ATENCIÓN DAS POSIBLES AGRESIÓNS 




Xermán Cordero Verde* / A Guarda

 Grazas á colaboración entre a Comisión de Festas do Monte e a Asociación Trans Miño LGTBIQ+, vén de asinarse un convenio de colaboración, polo que esta asociación colocará un Punto Violeta-Arco da vella, onde os seus principais obxectivos son: orientación, información, asesoramento e a intervención en caso de agresións nas festas. 

 Neste Punto Violeta-Arco da vella atenderanse todos os casos que nos poidan chegar sen priorizar o sexo da vítima. Aparte da atención ofrecida ás vítimas, farase unha campaña de repartición de preservativos totalmente gratuítos. 

 Este Punto Violeta-Arco da vella estará situado na Alameda de A Guarda o venres día 12 de 22:00 horas ata o peche das festas, estando atendido por persoal da devandita asociación Trans Miño LGTBIQ+ especialistas na materia que contan con: un técnico en orientación sexual e identidade de xénero, técnico en violencia de xénero, avogada e psicólogo. 

 Desde a asociación propúxose esa data, considerándoa un día dos máis activos onde puidese haber incidentes, dado o alto consumo de bebidas alcohólicas e que nese día a poboación de A Guarda non vai a casa reenganchando xa co desfile. 

 Desde a Asociación Trans Miño LGTBIQ+ queremos agradecer publicamente, o entendemento por parte da comisión de festas, da necesidade que hai no día de hoxe en colocar estes Puntos Violeta-Arcos da vella. 


 * Presidente da Asociación Trans Miño LGTBIQ+

Ningún comentario:

Publicar un comentario