O Concello de A Guarda organiza xornadas de asesoramento enerxético en setembro e outubro
• Trátase de sesións individualizadas nas que se pretende asesorar sobre diversos temas relacionados coa eficiencia enerxética de fogares e empresas da vila.
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda, a través do Plan Rehabita, organiza xornadas de asesoramento enerxético individualizado sobre temas relacionados coa eficiencia enerxética de fogares e empresas da vila. As devandita xornadas realizaranse os días 16 e 30 de setembro, e 14 e 28 de outubro, en horario de 9:00h a 13:00h con cita previa chamando ao 986 610 000 ext.2.
Dúas persoas encargaranse dese asesoramento individualizado: Belén Novoa, especialista na área de contratación e sistema de tarifas do mercado eléctrico; e Santiago González, experto no campo das enerxías renovables.
Deste xeito, o Concello de A Guarda pretende mellorar a eficiencia enerxética dos fogares e empresas da localidade cunha orientación individualizada que permitirá aos veciños e veciñas coñecer cales son as solucións existentes no mercado enerxético; a presentación e asesoramento en materia de enerxías renovables; as solucións de calefacción; illamentos, peches, fiestras ou caldeiras de biomasa, entre outras.
O obxectivo final é permitir que os veciños e veciñas poidan reducir os seus custes na factura de electricidade, coñecendo as vantaxes da eficiencia enerxética, aproveitando para mellorar o impacto sobre o medio ambiente, empregar novas fontes de enerxía coma as renovables e un aproveitamento óptimo de aparellos eléctricos do fogar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario