A Guarda acollerá a impactante actuación teatral “Axentes AntiBulos”
• A cita terá lugar o sábado 3 de setembro ás 12:00h na praza de Avelino Vicente
Infogauda / A Guarda
O vindeiro sábado día 3 de setembro, ás 12 da mañá, na praza de Avelino Vicente, a Asociación FOCO, de A Guarda. e a Asociación Juvenil Teatral ON&OFF, de A Rioxa levarán a cabo a actuación teatral “Axentes AntiBulos”..
Trátase dunha actividade na que participarán un total de 19 actores e actrices de entre 13 e 18 anos dos grupos de FOCO e ON&OFF, onde amosarán as pezas teatrais desenvolvidas ao longo do mes de abril dentro do proxecto Europeo Axentes AntiBulos. Os mozos e mozas rioxanas compartiron 4 días de traballo creativo e escénico co grupo de A Guarda que participa no proxecto.
A iniciativa, que conta con financiamento europeo, está apoiada polo Concello de A Guarda, desde onde se anima á poboación local e visitantes a achegarse e desfrutar desta singular actuación que non deixará indiferente a ninguén.
Ningún comentario:
Publicar un comentario