27 de nov. de 2020

A GUARDA

Mesa Informativa de ÉRGUETE Baixo Miño 

O martes 1 de decembro “Día Mundial da SIDA” na Praza Avelino Vicente, de 10:00 a 13:00 h.

 

Xunta Directiva de Érguete Baixo Miño / A Guarda

 Con motivo do Día Mundial da Sida que se celebra o 1 de decembro, a Asociación Érguete Baixo Miño estará informando e sensibilizando sobre o VIH/Sida na Praza Avelino Vicente, en A Guarda. o vindeiro martes 1 de decembro en horario de 10:00 a 13:00 h. 

 Esta campaña ten por obxectivo concienciar á poboación da transcendencia desta enfermidade e da importancia do respecto dos dereitos das persoas afectadas. Polo que neste día distribuiranse preservativos, carteis do Día Mundial da Sida, lazos vermellos e folletos con información preventiva do VIH/sida. Tamén algún outro agasallo para as persoas máis participativas. Por outra banda, dende Érguete Baixo Miño, nos subscribimos a Campaña mundial de ONUSIDA para este 2020 coa seguinte mensaxe:

 “En 2020, a pandemia mundial da COVID-19 puxo de manifesto como as pandemias fan cambalear o noso modo de vida, e como a saúde está ligada con outros problemas fundamentais, como os dereitos humanos, a igualdade de xénero, o crecemento económico e a protección social. Por elo, o lema de 2020 para o Día Mundial contra a SIDA é "Solidariedade mundial, responsabilidade compartida". 

 Para máis información, invitamos a todo o mundo a achegarse ás instalacións de Érguete, tamén a través da páxina web www.erguete.org ou ben chamando aos teléfonos 986 61 44 17 / 640 08 63 76.

Ningún comentario:

Publicar un comentario