20 de out. de 2020

A GUARDA

O Concello decidiu talar unha palmeira na Alameda 

E a retirada de ramas na Fortaleza de Santa Cruz  

 

 

Infogauda / A Guarda

 O Equipo de Goberno Municipal do Concello de A Guarda vén de facer público que "a Concellería de Vías e Obras do Concello de A Guarda realiza intervencións en varios espazos verdes da vila.  

 Por un lado, levarase a cabo a tala dunha das palmeiras da Alameda por tratarse dun exemplar que, dado o seu mal estado, supón un risco para a cidadanía.  

 Por outra banda, revisaranse tamén as especies vexetais da Fortaleza de Santa Cruz para retirar aquelas polas que poidan supoñer un perigo neste entorno".

Ningún comentario:

Publicar un comentario