16 de out. de 2020

A GUARDA

A  PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DA GUARDA DESCONVOCA A CONCENTRACIÓN DO SÁBADO 17 DE OUTUBRO

 


Infogauda / A Guarda 

 A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda, desconvoca a concentración que tiña previsto realizar o próximo sábado 17 de outubro na Praza de Avelino Vicente na Guarda por motivos de seguridade sanitaria.  

 Desde a Plataforma anuncian que si  a Xunta de Galiza non move ficha dotando ao Centro de Saúde e o PAC da Guarda do persoal sanitario que precisa, seguirán mobilizándose tan pronto como se levanten as restricións.  

 Os portavoces da  Plataforma  afirman que “a  situación na que a Xunta de Galiza mantén a atención primaria é unha auténtica irresponsabilidade. Na pandemia do COVID 19, a Xunta de Galiza tomou a decisión de reducir drásticamente a asistencia presencial e apostar preferentemente pola consulta telefónica. As consecuencias son desastrosas: escasísimos profesionais que están ao límite cun agotamento en moitos casos insoportábel, listaxes de espera de semanas (mesmo para atención telefónica), doentes crónicos indefensos ou colas a intemperie para acceder ao centro de saúde. Non temos pensado calar a boca e seguiremos mobilizándonos”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario